Servizos

CrossFit é un programa de forza e acondicionamento físico xeral que toma elementos de varias disciplinas deportivas. Consiste en realizar exercicios funcionais, constantemente variados e execuados a alta intensidade cuxo obxectivo é incrementar as capacidades físicas dos individuos que o practican.

O método e a marca CrossFit son creación e propiedade de CrossFit Inc., una compañía dirixida por Greg Glassman.

Os exercicios adoitan realizarse dentro do que se coñece como box (“nave”, en inglés).

En CrossFit Turoqua, ademais de axudarnos mutuamente a superar cada un dos WODs (exercicios do día), organízanse eventos de confraternización dentro da comunidade do box e con outros boxes.