Vertentes de CrossFit

Estes días estades a preguntarnos moito pola vertente competitiva de ‪CrossFit‬. Só queremos dicirvos que é unha modalidade que podedes atopar en CrossFit Turoqua, pero NON é a única.

Como profesionais da actividade física e do deporte coñecemos e valoramos as capacidades físicas de cada persoa que entra pola nosa porta, centrámonos de xeito individual nos seus obxectivos e metas, traballando para alcanzalos.

Que no che conten historias, ven a coñecernos e descubre a amplitude de posibilidades para desfrutar non só de CrossFit senón dunha vida saudable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *